sábado, 18 de octubre de 2014

A RENDICIÓN FRENTE A REALIDADE. COOPERATIVA "LA ARZUANA"

Este mes Arzúa perdeu algo propio da nosa colectividade, tras un longo tempo vaticinando a desaparición dunha empresa emblemática como a Cooperativa “La Arzuana”; Digo emblemática porque fai máis tempo que existía que algúns de nós, e tamén digo que é emblemática porque constituía un exemplo de economía social xurdida do propio pobo. 
Arzúa, e non só os gandeiros, perderon esta semana un emblema, algo da nosa historia e algo do que nos podíamos sentir orgullosos a pesares de non ser socios. Moitos nos preguntamos (dende fai moito tempo) ¿como foi posible que unha empresa que partía de premisas fundamentais para alcanzar o éxito morrese de inanición e inacción? ¿Cómo é posible que os propios socios permitiran esta situación?. Levo uns días pensando no tema e cheguei a algunha conclusión, a cal non sei se será a correcta, pero que me atrevo a compartir para que se alguén pode e queira me ilumine con outros puntos de vista. 
Estamos cansos, nos últimos tempos, de escoitar falar de corrupción e de mala xestión, e mesmo da necesidade de que a cidadanía participe activamente nos asuntos públicos. Eu non vou negar a maior, son certos os tres aspectos, pero en última instancia resulta que a participación activa do cidadán de a pé condiciona o noso futuro; me explico, se deixamos que algo aconteza, tamén somos culpable do que acontece; se non actuamos activamente nos asuntos colectivos estamos permitindo que outros actúen particularmente. Vos preguntaredes ¿a onde vai este?. Vou a facer unha comparación entre a sociedade española e a Cooperativa do noso pobo. O colectivo é máis reducido, pero é un colectivo. 
Na Cooperativa (visto dende fora e sen ser parte activa no asunto) sufreu durante os últimos anos o embite dunha crise que se veu acrecentado pola conxunción de dous ou tres factores máis, a saber: unha masa social (os socios) inactivos e inmobiles, unha mala xestión (da executiva e directamente do seu presidente), e supostamente, tal e como parece que indican algún socios e segundo se fan eco os medios de comunicación estes días, dun dolo na súa xestión (segundo La Voz de Galicia, habería socios pensando en denunciar ao Presidente e a Executiva) 
Como tamén acontece na sociedade actual, eu afirmo que no caso das cooperativas agrarias faise necesario un cambio de formas, unha modificación do contrato das sociedades. Un observa que hai algo inxusto nas sociedades cooperativas nas cales existen diferencias sustanciais entre os seus membros. Me refiro a que un pequeno productor non pode ter o mesmo peso na toma de decisión que un productor moito máis grande (non pode pesar o mesmo un gandeiro con 5 vacas que outro con 200), e no caso de La Arzuana esto condicionou, supostamente, que algún se alineasen con un Presidente buscando a colocación de familiares ou ben amosándose como estómagos agradecidos polas paparotas cos que os agasallaba. Douse a paragoxe nos últimos anos que socios, que nin consumían nin producían para a cooperativa (mesmo nin producían leite para nadie xa que cesaran na actividade) decidían nas Asambleas. Neste caso, ¿Qué criterios utilizaron na votación?¿ Os que beneficiaban á colectividade?. Perdoade que o dubide. 
Ao segundo aspecto, o da mala xestión, só me vou a referir para facerme unha pregunta: ¿en cantas empresas figura o Presidente de La Arzuana? ¿Qué situación están a sufrir/padecer ditas empresa?. Buscade por Internet, atoparedes, alomenos 5-6 empresas, e ninguna en boa situación. Conclusión: dubido da súa capacidade para a xestión. 
Do terceiro, e presunto suposto, non me vou a pronunciar, o deixo para un Administrador Xudicial ou para un Xuíz.
 Onte pola tarde, xurdíu con forza un último rumor (eu, alomenos non teño constancia da confirmación), a dimisión de Eugenio Montero como presidente da outra cooperativa de Arzúa, Perpetuo Socorro Soc Cooperativa Galega. Esta dimisión ven se puido producir xa fai uns anos e acompañada da dimisión en “La Arzuana”, ¿non creedes?. Como se soe dicir:¡¡¡ A boas horas mangas verdes!!! 
Á nova executiva que poida xurdir, só lle desexo boa sorte, e moita, porque sen dúbida a van a necesitar, de partida teñen un hándicap moi grande, a saber: a perda do mercado natural debido a que moitos dos socios de “La Arzuana “ tamén o eran de “Perpetuo Socorro”, se os primeiros teñen que fuxir e refuxiarse en outras cooperativas ou empresas para poder vender o seu leite, tamén terán que consumir pensos nesas outras cooperativas ou empresas, o cal suporá menor negocio e menos clientes. O dito, sorte, moita sorte, polo ben da coopertiva, dos socios e tamén de Arzúa.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Agradezco moitísimo os comentarios aportado. Moitas gracias