lunes, 14 de mayo de 2012

"UNHA ALTERNATIVA GALEGA Á REFORMA DO SISTEMA FINANCEIRO ESPAÑOL"

  




Cando un sistema entra en crise é cando, precisamente, se medita e se traballa máis sobre o mesmo. Iso é o que está a acontecer co sistema financieiro, dende fai moito non se fala nen se escribe tanto sobre o mesmo, e o documento de traballo cuxo enlace se relaciona na parte superior non podía ser menos.

O estudo dirixido por Xavier Vence y realizado coa colaboración de Brais Yáñez Chamosa e Jorge Fernandez Montoto nos fai unha análise detallada da crise que está a vivir o sector financieiro e as súas consecuencias sobre a chamada “economía real”, e pasa a teorizar sobre unha “alternativa galega á reforma do sistema financieiro español”

As orixes ou causas do estrangulamento do financiamento ás PEMES é compartido por moitos de nos (empregados de banca nalgúns casos), e fica descrito con detalle no estudio realizado por Yáñez e Fernández. Resumindo moito o proceso de estrangulamento da financiación, o Sector financieiro adicouse nos últimos tempos a especular máis que a invertir, a buscar réditos rápidos e elevados en vez de pensar noutros fins como o contribuir o desenvolvemento económico.  Esta situación é comprensible dado que os fins buscados pola gran banca é a maximización dos beneficios, sobre todo na banca privada. É precisamente neste punto onde os autores proclaman a necesidade de desenrolo dunha banca pública (galega), dado que os fins perseguidos polo sector público (quen ostentarían a propiedade nunha banca pública, ou alomenos detentarían certa influencia na xestión dunha banca mixta) serían, ou deberían ser outros, e entre eles debería estar o contribuir o desenrolo económico.

Partindo destas premisas e analizando a realidade europea e incluso mundial constátase a existencia dunha banca pública en moitos países, onde se logran mellores desenvolvementos no sector financieiro que en España, e onde a crise se notou menos.

A realidade española e galega lévanos a que o financiamento se concentrou en exceso no sector da construcción, tumor maligno da nosa actual estructura económica. Os impagos sufridos polo sector financieiro ata a actualidade, así como os que previsiblemente se sufra, ocasionan unha contracción do crédito ó sector productivo, o cal unido o feito das novas normativas que pretenden fortalecer o capital das entidades para que non sucumban o pinchazo do sector construcción levan como xa dixemos á restricción do crédito. Todo esto condiciona que as empresas se vexan privadas de canles de financiamento que consideran adecuados. Neste punto fago o primeito inciso ou puntualización sobre o estudio: as empresas certamente tamén vivían unha situación de apalancamento financieiro excesivo, o cal difícilmente se pode manter nunha situación de restricción do crédito; as alternativas pasarían por buscar financiación a través de novos inversores ou a través de fusións ou agrupacións de empresas en determinados sectores (algo que pola idiosincrasia do noso país é bastante complicado)

No tocante a un sector financieiro público estou totalmente dacordo coa necesidade do mesmo, pero….. é necesario pensar perfectamente o modelo que desexamos ter.  Vimos de “dar o tiro de gracia” a través da nova normativa a un sistema financieiro social  baseado nas caixas de aforro, e o que temos que meditar é precisamente porque fallaron. A tal respecto apunto dous aspectos:
-    Fallouse porque o carácter social primou sobre a obra social das caixas e esquenceuse o “financiamento social”, perseguindo a maximización de beneficios a expensas de asumir maiores riscos financieiros na actividade de intermediación. Como consecuencia disto acumularonse perdas que remataron por facer inviables a algunhas entidades.
-          A causa básica do anterior punto provén das fórmulas de goberno que se tiveron aplicado ata o de agora nas caixas de aforro, a cal pivotaba no poder político e nos consellos de administración faltos de profesionais e plagados de políticos.

Polo tanto, para plantexarnos un sector financieiro público debemos, en primeiro lugar, evitar cometer os fallos comentados anteriormente. No estudio faise mención expresa a sistemas que funcionan noutros lares, tal como o BND de Dakota do Norte. Aproveitemos neste senso o que aparentemente funciona noutros lares, adaptemos estes tipos de modelo (sobre todo o de administración)

Unha puntualización máis a ter en conta, sobre todo tras a nacionalización de Bankia: a esta entidade houbo que nacionalizala por considerala “sistémica” (é tan grande que a súa caída provocaría un colapso no resto do sector financieiro), pois actualmente podemos estar enfatizando a creación de máis entidades “sistémicas” coa obriga que o goberno plantexa noutros grupos de caixas, corrixamos primeiramente ese erro, o cal a súa vez nos facilitará a creación de entidades públicas ou mixtas asociadas a determindas rexións.

Creo firmemente que tamén estamos perdendo unha ocasión única para que o proceso de reestructuración non acabe mal nin sexa un custo excesivo para as arcas públicas,  e se estamos inxectando cantidades inxentes en rescates, tal vez sexa o momento de que a consecución dunha banca pública sexa a través da transformación das entidades actualmente intervidas e ás que actualmente se lles facilitou financiamento por parte do FROB.

Respecto á creación dun grupo ou entidade financieira galega creo que  constitúe unha medida de actuar sobre a economía tan válida como outra calquera, pero o maior risco que podemos correr é que a finalidade perseguida se corrompa e voltemos a sufrir unha situación como a actual. Conclusión: de facelo, hai que facelo ben e artellar uns sistemas de controis que incidan na dirección das entidades,  pero que impidan que os gobernantes tomen as medidas ou corrompan a actividade da  propia entidade a crear.