domingo, 22 de abril de 2012

SIMIOCRACIA

ANNUS HORRIBILIS



Gustaríame poder dicir iso de "ANNUS HORRIBILIS", pero realmente xa levamos uns cantos, concretamente dende o 2008, e elexín este latinaxo para falar da crise, porque así dicimos cando un ano non nos foi moi ben, e como esta crise parecía que ía ser curta..... pois a verdade é que resulta unha mágoa que non poidamos dicir iso de "ANNUS HORRIBILIS"
 Das crises sempre se soe sacar algo en positivo, pero aquí levamos catro anos e aínda no vimos a luz ao fin do túnel para poder sacar algo en positivo deste sufrimento colectivo demasiado longo. É certo que sempre nos queda a esperanza de lograr alcanzar esa meta que sería a recuperación do crecemento e a estabilidade económica, pero para desgracia nosa, é a esperanza a que perdemos día a día.
Podemos buscar tódolos culpables que queiramos para achacarlle a paternidade/maternidade da situación na cal nos atopamos, e en España en particular temos a un colectivo que é obxetivo de todas as miradas: os políticos, e realmente, e en parte, non nos faltan motivos para pensar neste grupo de cidadáns para buscar un culpable.
Digo en parte, porque, cando as cousas van ben aquí nadie protesta, aquí nadie discrepa e aquí ninguén aporta outro punto de vista diferente do oficial. ¿Alguén se acorda da última crise vivida en España?, aquela que nos asolagou no ano 1993, despois dos fastos do 1992 (EXPO, OLIMPIADAS...) Pois dende aquela crise ata o comenzo desta pasaron 15 anos, período no cal vivimos un crecemento increíble, no cal gastamos e gastamos sen pensar que a bonanza económica podía acabar, agora miramos atrás e meditamos en moitos gastos/inversións que xa consideramos insensatos. Só por citar algúns: Aeroportos fantasmas como o de Ciudade Real e Castellón; ampliacións temerarias doutros como a dos tres galegos sen plantexarnos a viabilidade doutra opción que pasaría por conquerir un aeroporto internacional ben comunicado con calquer recuncho da nosa Autonomía; a Cidade da Cultura; multiusos varios diseminados por calquer concello; polígonos industriais desertos -porque non chegaron a asentarse as empresas que logo deron en quebra-, ..... Visto estas cousas, ao mellor van ter razón os que dicían que vivimos coma ricos cando non o éramos.
Esta semana, a través das redes sociais, concretamente TWITTER, atopeime cunha reflexión que decía o seguinte: "Tras 2 décadas bajando impuestos progresivos, nos hemos quedado sin dinero y ahora subimos tasas a menos q mileuristas.” A persoa que twitteou isto foi Jordi Sevilla, sí, aquel que noutrora lle dixo ao expresidente que podía aprender en dúas tardes o que algúns aínda non conseguimos en 5 anos nos que nos deron un título de "LICENCIADO EN ECONOMÍA". Sen embargo, isto fixome meditar algo, e é que efectivamente levamos como dúas décadas baixando impostos progresivos, baixando os impostos que teoricamente son máis sociais, ao mesmo tempo que subimos constantemente os impostos indirectos, eses que non diferencian en absoluto a nosa situación persoal e económica e que se xustifican básicamente polo consumo. Ahí lle teño que dar a razón ao señor Sevilla, lóxicamente logo debería preguntarlle porque cando el estivo no goberno se fixo xustamente iso. Vamos a darlle o beneplácito de que, alomenos, recoñece o erro.
Certamente, en España conquerimos un "Estado do Benestar" envexable, sobre todo se pensamos na Sanidade, Educación, Pensións, Lei de Dependencia, Igualdade, .... Despois das rebaixas en impostos que fixemos nas últimas décadas debemos empezar a valorar se realmente estamos dispostos a sufragar ese "Estado do Benestar" (espero firmemente que a resposta sexa maioritarimente positiva). Entón, se partimos do feito de que desexamos esta prestación social pública, entón deberíamos plantexarnos, máis que recortes, incrementar as fontes de financiación dos mesmos. 
Chegados a este punto tamén deberíamos pensar en algo tan sinxelo como no proceder da "Facenda Pública", esa disciplina económica que casa ingresos e gastos públicos a fin de equilibralos para afrontar as inversións e os gastos que as Administracións Públicas deben levar a cabo. Fixemonos que aquí tamén podemos ter outro fallo no noso sistema. ¿Alguén observou un Orzamento Público restrictivo quitado os dous últimos anos? Vou respostar eu: ¡¡¡NON!!!. Temos aquí outro "vicio", as Administracións intentar incrementar constantemente os seus gastos, e iso en épocas de bonanza económica pódese tapar co incremento da recadación debido ó crecemento económico, pero no momento en que a recaudación mingúa por unha recesión, o sistema entra en Déficit e vémonos obrigados a pedir prestado (increméntase a Débeda Pública" )
Ao final parece que a Economía Pública non difire moito da privada que cada un ten na súa casa, logo o que ten que facer a Facenda Pública será: maximizar ingresos e minizar, ou alomenos, conter os custos, pero eso sí, respetando aqueles servicios que queremos preservar, e que nos deben facer unha sociedad igualitaria e xusta, na que calquera poida chegar a onde desexe sempre que destaque nunha determinada faceta e poña da súa parte esforzo e adicación. Estamos compartindo sufrimentos nestes intres, compartamos solucións e esperanzas, e que estas no futuro se convirtan en oportunidades colectivas. 
Ata o de aquí todo sería ideal, pero faltanos outra compoñente económica pública: a promoción económica. A veces para medrar económicamente necesitamos gastar (invertir), e o Estado debe ter esa faceta, e se non a desenrolamos atoparemonos nunha situación como a actual, na cal ademáis de reducir o gasto social, tamén reducimos a inversión, e polo tanto estrangulamos o posible crecemento económico e profundizamos na crise.
¿Seremos capaces nalgún momento de actuar contraciclicamente no ámbito orzamentario?, é dicir, conter o gasto en época de bonanza e distinar recadación a aforrar para poder expandir ese Gasto Público no momento en que entremos en recesión e a Economía Privada non sexa o suficentemente forte para tirar da producción do país.
Ahí está a decesión dos nosos gobernantes: podemos optar por que o mercado regule a maior marte da economía, e situarémonos nunha situación similar a que imos vivir ou apostar por un Estado forte no económico que sexa capaz de actuar contraciclicamente e sen nengún tipo de complexo nos momentos de crise.