sábado, 9 de octubre de 2010

O OUTONO NO RURAL


Por se non vos enterastes por outros medios, quérovos dicir que ¡¡¡¡¡estou de vacacións!!!!!



Estas son unhas vacacións especiais para min por varios motivos: polo tempo do ano no que estou de vacacións, polo tempo da miña vida no que me atopo, e sobre de todo, porque as estou disfrutando coa miña familia e cos meus amigos e compañeiros.
Estas son as vacacións despois do "susto" de fai un ano e medio, e coido que xa se me pasou o medo, e incluso a veces me esquezo do que pasou por aquel entón; é dicir: a pesares de que dende fai ano e medio xa estiven en varias ocasións de vacacións, desta vez son consciente de que a enfermidade está un pouco máis lonxe, que o peor xa pasou, que o que realmente pasou foi un susto, e que aprendín (¡espero que dunha vez por todas!) que o importante é aproveitar os bos momentos da nosa vida por dous motivos fundamentais, a saber: por que nunca han de voltar e porque poden ser os últimos en calquer momento (¡¡¡¡que profundo!!!!)
Tamén están a ser unhas vacacións especiais pola época do ano na que transcurren: o outono. Fai tempo que cando estou na casa non percibo as sensacións que estou a sentir este ano. Sensacións que me levan a miña infancia. Eu, como moitos galegos, tivemos a sorte de nacer no rural, e de criarnos nel, de experimentar sensacións como o olor a terra mollada, o olor á herba recen cortada, ó ozono despois da tronada,...., as cores da natureza e a mudanza que experimentan ó longo do ano....

¿Por que conto isto? pois porque estes días veño de experimentar o que supoñía antigamente o proceso da recollida de determinadas colleitas, e fun consciente disto cando onte vin un programa na televisión, onde un coñecido cociñeiro ensinaba como eran as noces antes da súa colleita, cando aínda están na súa cáscara verde, que agocha ese froito do outono. Foi nese intre cando fun consciente de que quenes medramos no rural disfrutamos moito máis que quen o fai nunha urbe; pregunteime ¿cantos rapaces descoñecen que unha noz, cando esta na nogueira, ten unha capa verde que a protexe e que no momento no que madura desaparece? ¿cantos saben como é un castiñeiro, os ourizos, ....., o mesmo como se vai formando e madurando unha mazá, ou outra froita?, e non pensemos en cantos decoñecerán como se desenrola un animal dende o seu nacemento (unha vaca, un coello, unha galiña, un año, ....)

O outono sempre foi un período de recolleita, e eu lembreime estes días da importancia da natureza e de todo canto nos aporta, porque nos días que levo de vacacións poiden recoller numerosos bens que nos oferta a natureza se a traballamos e a coidamos. Levo uns días recollendo castañas e noces, e tamén recollimos millo; empezaremos estos días a recoller mazás, e se aproxima a "nosa primeira colleita de kiwis". Tamén recordei estes días a vendimia, os proceso de elaboracións do viño, da sidra.... E tamén experimentei algo especial para recordar: a calor da leña, cando despois do verán e da calor se encende por primeira vez a cociña de leña, e a todo o anterior lle temos que engadir algo maravilloso que aconteceu estes días: a choiva tras un verán que foi francamente bo no meteorolóxico.
A veces deberíamos voltar á tradición, as sensacións primarias, á desconexión, ás meditacións, os anhelos, á cor, a natureza,.... ¡o sinxelo!, para comprobar e comprender que moitas veces somos nos mesmos quenes nos complicamos a vida.

¡¡¡Bendito outono!!!, ¡¡¡Bendita terra!!! ¡¡¡Bendito fogar!!!