martes, 19 de julio de 2011

POLÍTICA, VOCACION DE SERVICIO PUBLICO, SOLDOS E CRISE.



Escomenzamos a legislatura municipal 2011-2015, acaban de pasar trinta días dende a formación das corporacións locais, e cando estas liñas estén publicadas en tódolos concellos se terán adoptado as decisións plenarias sobre organización das Corporacións. Este nome tan pomposo engloba, entre outros os soldos que van a cobrar os nosos representantes. Estes plenos darán que falar, en moitos concellos durante toda a legislatura, pero nesta ocasión o énfasis será maior dada a coxuntura económica que vivimos, e os movementos sociais que están espertando como o 15-M con eslogans tan demoledores como “Non hai pan para tanto chourizo”
Os cidadáns están vendo tódolos días publicados nos BOP provinciais o que vai a cobrar o seu alcalde, e os concelleiros con adicacións parciais e exclusivas. Hai casos nos que as retribucións que percibirán farán que moitos se levan as mans as cabezas, e non sen razón, posto que existen alcaldes, dunha e doutra cor, que cobran máis que un Presidente Autonómico, que un Ministro ou mesmo que o Presidente do Goberno, e ante esto un pregúntase: ¿é xusta esta situación?
É comprensible que os cidadáns se alporicen e protesten polos soldos dos representantes, neste caso municipais, pola sinxela razón que levamos tres anos nos cales a clase política e a patronal pediron contención salarial, reducción de soldos, incrementos da productividade, …. e mentres tanto, estes representantes chegado o actual momento, fixanse eles mesmos os soldos, e nalgúns caso non precisamente reducidos.
Se partimos dun suposto de que os representantes públicos son, por decilo dalgún xeito, empregados de tódolos cidadáns, ¿alguén coñece a un empregado que el mesmo se fixe o soldo?, ¿acoso non existe regulacións a través de convenios laborais que establecen tramos e complementos salariais? ¿Para cando unha regulación baremada nos soldos dos políticos municipais?

Hai xente que en moitos casos alega que os políticos poden estar cobrando máis na súa actividade privada, e mesmo que a limitación ou regulación podería desincentivar a bos políticos e xestores a participar na función pública, creo persoalmente que esta circunstancia se ve anulada pola vocación de servicio público e tamén polo feito de que, ao igual que moitos poden optar a postos de funcionarios dun ou outro nivel e cobrar máis ou menos segundo a oposición pertenza a un grupo F, E, D, C, B ou A, tamén os políticos poderán optar a un cargo ou outro (segundo os seus méritos) e optar a maiores salarios, onde os máis altos deberían ser o do Presidente do Goberno, o do Presidente do Senado e o do Congreso dos Diputados.



En definitiva, os políticos deberán aplicar o razonamento no seu goberno e tamén para fixarse os seus soldos a fin de que a cidadanía non vexa a política como un problema, como un xeito de enriquecerse e como unha actividade egoísta. Débese voltar a unha actividade política vocacional de principios e de predicar co exemplo, porque nadie obriga a ningún político a presentarse a unhas eleccións
Polo tanto é necesario e imprescindible acometer unha reforma lexislativa que delimite os soldos, que os vencelle alomenos ao número de habitantes e incluso a outras variables como dispersión poboacional, volumen orzamentario, etc.
Para rematar, é necesario gobernar con sensatez e razocinio para voltar a involucrar a poboación na política e que non vexan esta actividade como un problema, senón como un xeito de solucionar problemas comúns.


Publicado en Crónicas da Comarca, número xullo 2011

lunes, 4 de julio de 2011

EXPLICACIÓN GRÁFICA SOBRE A CRISE