sábado, 28 de mayo de 2011

¡¡¡¡DEMOCRACIA REAL XA!!!!






Decidinme a retomar a miña actividade neste blog de pensamentos persoais oito días depois de rematar a campaña electoral, e tamén de celebrarse as eleccións municipais. Non é que empece a meditar agora nestes temas, unha vez pasado, senón que agora mesmo sento a necesidade de expresar o que sinto e que agora teño un intre de tranquilidade para meditar e poder expresar neste medio o que penso.
Moitos compañeiros vimos de esforzarnos ó máximo durante os últimos meses para que o partido baixo o cal nos adscribimos obtivese uns bos resultados, para poder implantar medidas e políticas que defendemos como sociais e de esquerdas y en definitiva para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños. Debemos recoñecer que os resultados non foron como esperábamos, pero non por iso debemos desolarnos.
Durante este tempo de precampaña e campaña electoral tivemos a ocasión de escoitar medidas que os nosos compañeiros levaban nos seus (nos nosos) programas como follas de ruta a seguir no caso de que os cidadáns (veciños) nos outorgasen a súa confianza para coordinalos durante os vindeiros catro anos. Algúns compañeiros traballaron a reo durante os últimos anos, trataron de innovar nos seu programas, buscaron novas alternativas, .... E mentres nos andabamos nesas lides, xurdeu un movemento que se amosou en plenitude o pasado día 15 de maio, en plena campaña, e ó cal considero non se lle prestou a debida atención, e quen o fixo ao mellor o fixo buscando réditos electorais. Graso erro.
Agora, nestes intres podemos e debemos meditar o que queren decirnos esta xente, estes cidadáns, estes veciños. Non debemos deixar pasar a oportunidade e meditar sobre o tema. Agora que tiven a ocasión de informarme máis detidamente sobre este movemento denominado "Democracia real ya" me percato que quenes dun xeito máis ou menos activo nos adicamos a esto da política, en moitas ocasións nos olvidamos do importante, a saber: de a quenes pretendemos gobernar (eu de aquí en adiante vou dicir coordinar) y das súas necesidades.
Calquera que se interese un pouco polo tema, acabará comprobando que o que estes cidadáns demandan non é outra cousa que racionalidade na clase política; Ben é certo, que eu non podo asumir todas as súas demandas, pero moitas delas sí. Está claro que moitas delas son unha imaxe fiel do que desexa a cidadanía, e como mesmo eles din no seu manifesto, a democracia é o goberno do pobo, precisamente de quen nos temos afastado últimamente, o cal nos ten situado, segundo podemos concluir dos seus razonamentos, nunha oligocracia, onde a clase gobernante ven a ser unha minoría da sociedade aillada do resto da cidadanía.
Os principios democráticos han de voltar a ser prioritarios e esenciais, e nos deben de guiar para que a clase dirixente non se afaste da realidade.
No mundo no que viviemos, gracias as novas teconoloxías, a participación cidadá nos asuntos de goberno debe de incentivarse e favorecerse, hoxe en día é moito máis fácil a participación e a opinión de calquer individuo que fai cincuenta anos. Por iso é necesario que se articulen sistemas que permitan a cada un opinar cando queira, esixir información e responsabilidades según crea conviente, e facerse partícipe nun sistema de goberno, o cal cada día se desapega máis do importante da política: A XENTE.



Algúns compañeiros de partido teñen implantado medidas de participación cidadá para temas concretos, como os orzamentos participativos, e todos eles teñen chegado a conclusión de que son modelos bos que permiten racionalizar a coordinación e a dirección das Administracións (Locais), collamos este modelo e intentemos melloralo, copiemos o que funciona, o que sendo bo, lle gusta a xente.
Como desexo que moitos de vos podades meditar sobre este feito, permítome a libertade de deixarvos o enlace da páxina web do movemento, gustaríame saber o que opinades de todo isto. Por favor: meditade un pouquiño no tema, sopesade os plantexamentos e xa me comentades.
http://www.democraciarealya.es/