domingo, 13 de junio de 2010

UN BÓ DÍA PARA COMEZAR.

Hoxe, 13 de xuño de 2010, pode ser un bó día para empezar con este blog; e é un bo día por que a pesares de que levo varias semanas decidido a comezar, volteime tolo configurando o diseño do mesmo, e por fin me decantei polo que estades a ver.
Tamén é un bó día porque hoxe rematou a Conferencia Política do PSdeG, rematan meses de traballo e dous días para escenificalo, e a familia socialista galega recollemos como fruto unha base ideolóxica claramente definida e unhas directrices políticas a desenrolar coa finalidade de ser pedra angular do cambio dun país; para configurar equipos de traballo cun obxetivo claramente definido pensando n@s galeg@s , pensando no noso futuro común e marcando pautas exactas para servir á sociedade galega, servidumbre para non ser servidos, servidumbre para o ben común.
Hoxe ademáis, temos que estar sumamente contentos todos os socialistas por que se ven dentro das nosas agrupacións e do noso partido a líderes que serán capaces de guiar o noso futuro; Este fin de semana quedaron patentes os liderazgos do noso Secretario Xeral -Pachi Vázquez-, do Presidente da Agrupación Provincial Coruñesa - Francisco Caamaño-, e do Vicesecretario Xeral Federal -Pepe Blanco-
Eu resumiría este traballo colectivo dicindo que: ¡Temos líderes!, ¡temos equipo!, ¡temos bases!, e sobre todo ¡temos ganas de traballar; de traballar para os galegos!, buscando un futuro común o máis próspero posible, e para iso temos ideoloxía, que a pesares de que estemos nunha situación complicada, sabemos que de esto ¡sáese xuntos ou non se sae!
E temos que ter presente que representamos unha opción ideolóxica que se sitúa entre dúas opcións que xa teñen amosado que non son válidos: o comunismo e o liberalismo. O primeiro demostrou na décado dos oitenta e noventa que un sistema que pivota unicamente sobre o Estado está chamado a fracasar porque non deixa marxe á iniciativa privada; O segundo acaba de demostrar na actual crise que un sistema que constriñe o Estado ata a mínima expresión, que non regula, e que deixa case todo en mans do sector público tampouco funciona porque o aspecto social non se pode deixar en mans privadas.
Xusto no medio de ambas posturas estamos os socialistas, que defendemos un sector privado libre, forte e grande xunto a un Estado tamén forte que regule ó sector privado e que ten que proveer de determinados servicios nos que o sector privado non é eficiente.
Sempre tivemos ideario, pero hoxe remozámolo, actualizámolo e reafirmamos ante a sociedade galega que o fin último é o cidadán, que temos que pensar e traballar por e para el.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Agradezco moitísimo os comentarios aportado. Moitas gracias