Fai cinco días que comenzou o mundial de fútbo de Sudáfrica 2010, e faltan menos de 24 horas para o debut da selección española. Os amantes do deporte rei, os forofos da nosa selección e incluso ós que este deporte non nos esperta gran emoción habitualmente, estamos á espera, e mañan estaremos pegado á televisión para ver que tal o fan os nosos xogadores.
Estos días xa se comezan a ver as bandeiras españolas colgadas dalgunhas xanelas e balcóns, e tamén aparece o famoso toro de Osborne. Algún estudio sociolóxico poderá explicar (o mellor xa o fai) que é realmente o que nos move á inmensa maioría da poboación a ser seguidores deste acontecemento. Este dende logo que sí se pode declarar como acontecemento "planetario".
Este acontecemento deportivo pode ser a grande ocasión para Sudafrica, país que está a poñer toda a carne no asador para sacar o maior rédito posibe desta celebración; só hai que pensar na inmensa inversión feita, a cal se espera que revirta novamente na poboación sudafricana, unha poboación marcada polas inmensas diferencias sociais que a caracterizan. Todos temos visto estes días a pobreza extrema que rodea as inmediacións da nas que se desenrola o Mundial.
Doutros números é mellor non reflexionar, porque faláse de auténtica barbaridades en xeración de ingresos para a FIFA, a RFEF, as televións..... E porque non, tamén dos xogadores.
Eu particularmente non considero que esta actividade sea unha actividade productiva, máis ben me parece expeculativa, sen embargo, e dado que se estima que a repercusión no PIB do país que gañe o mundial será dun 0,7%, espero polo ben de todos os españois que nesta ocasión ademáis de ser favoritos para gañar, tamén o fagamos. Sería un alibio.
De todos xeitos, se penso no aspecto máis solidario do ser humano, sería moito mellor que todo o que move o mundial de fútbol fose destinado o Tercer Mundo, seguro que sería moito máis productivo, pero xa se sabe, poderoso cabaleiro é don diñeiro, e a rentabilidade financieira manda.
Agora o que queda é esperar que a nosa selección, "la Roja", faga un bo papel, e porque non, soñemos con gañar, que algunha alegría tamén nos merecemos.
¡SORTE A TODOS!
