Por se non vos enterastes por outros medios, quérovos dicir que ¡¡¡¡¡estou de vacacións!!!!!
Estas son unhas vacacións especiais para min por varios motivos: polo tempo do ano no que estou de vacacións, polo tempo da miña vida no que me atopo, e sobre de todo, porque as estou disfrutando coa miña familia e cos meus amigos e compañeiros.
Estas son as vacacións despois do "susto" de fai un ano e medio, e coido que xa se me pasou o medo, e incluso a veces me esquezo do que pasou por aquel entón; é dicir: a pesares de que dende fai ano e medio xa estiven en varias ocasións de vacacións, desta vez son consciente de que a enfermidade está un pouco máis lonxe, que o peor xa pasou, que o que realmente pasou foi un susto, e que aprendín (¡espero que dunha vez por todas!) que o importante é aproveitar os bos momentos da nosa vida por dous motivos fundamentais, a saber: por que nunca han de voltar e porque poden ser os últimos en calquer momento (¡¡¡¡que profundo!!!!)
Tamén están a ser unhas vacacións especiais pola época do ano na que transcurren: o outono. Fai tempo que cando estou na casa non percibo as sensacións que estou a sentir este ano. Sensacións que me levan a miña infancia. Eu, como moitos galegos, tivemos a sorte de nacer no rural, e de criarnos nel, de experimentar sensacións como o olor a terra mollada, o olor á herba recen cortada, ó ozono despois da tronada,...., as cores da natureza e a mudanza que experimentan ó longo do ano....


O outono sempre foi un período de recolleita, e eu lembreime estes días da importancia da natureza e de todo canto nos aporta, porque nos días que levo de vacacións poiden recoller numerosos bens que nos oferta a natureza se a traballamos e a coidamos. Levo uns días recollendo castañas e noces, e tamén recollimos millo; empezaremos estos días a recoller mazás, e se aproxima a "nosa primeira colleita de kiwis". Tamén recordei estes días a vendimia, os proceso de elaboracións do viño, da sidra.... E tamén experimentei algo especial para recordar: a calor da leña, cando despois do verán e da calor se encende por primeira vez a cociña de leña, e a todo o anterior lle temos que engadir algo maravilloso que aconteceu estes días: a choiva tras un verán que foi francamente bo no meteorolóxico.
A veces deberíamos voltar á tradición, as sensacións primarias, á desconexión, ás meditacións, os anhelos, á cor, a natureza,.... ¡o sinxelo!, para comprobar e comprender que moitas veces somos nos mesmos quenes nos complicamos a vida.
¡¡¡Bendito outono!!!, ¡¡¡Bendita terra!!! ¡¡¡Bendito fogar!!!
