domingo, 22 de abril de 2012
ANNUS HORRIBILIS
lunes, 26 de diciembre de 2011
A PROBREZA NESTAS DATAS.

Cando nos enfrontamos á pobreza soemos pensar en xente que ten que vivir na rúa, que carece de ingresos, que non ten acceso a determinados servicios como a vivenda, a auga potable, a sanidade, que non poseen emprego, ……
É curioso que aqueles que non estamos nunha situación tan precaria non nos lembremos nestes días de xente que non ten a mesma sorte que nos, mentres esta xente carece de moitos bens básicos, como a comida e a vivenda, nos estamos lapidando estes días cantidades inxentes de comida e de diñeiro
A probreza amósase de forma moi dispar no mundo, de xeito que en Asia Meridional se atopa a maior cantidade de xente que subsiste con menos de 1 dólar, uns 515 millóns de persoas; en Asia Oriental e Suroriental e o Pacífico son uns 446 millóns de persoas; 219 millos na África ao sur do Sahara; 11 millóns nos países árabes; en Ámerica Latina e o Caribe máis de 110 millóns de persoas viven con menso de 2 dólares, ….. e así poderíamos seguir ata acercarnos o ámbito nacional.
É fundamental lembrarnos destes cocidadáns do mundo que se atopan nunha situación moito máis precaria que a nosa, e non só deberíamos lembrarnos determinados días ao ano deles, senón que o deberíamos facer todos os días, ¿cómo lembrarnos deles cando moitas veces temos moitos problemas persoais que afrontar?, de forma moi sinxela, aplicando á máxima de que cando a iniciativa privada non chega a determinados aspectos, quen o debe de facer é o Estado, e estamos falando dos Organismos Estatais pero tamén dos Supraestatais. (Unión Europea, Banco Mundial, ONU, UNESCO, …)
Neste senso, na década dos 90 xurdiu o movemento 0,7% do PIB, no cal se propoñía que os paises desenrolados aportanse ese porcentaje do PIB para do desenrolo dos países máis pobres. Desafortunadamente nunca se chegou a por en marcha esta iniciativa na súa totalices, coma de costume só boas intencións por parte dalgúns Estados e nada máis.
A última iniciativa preocupante neste eido é a supresión da Secretaria de Estado de Cooperación Internacional, feito que devalua a cooperación como política de Estado con identidade propia en sí mesma con fins e obxetivos independentes doutras polítcas.
Ademáis vense manifestando que en algunhas Comunidades Autónomas tamén se esta producindo a supresión de fondos adicados a estes fins.
Meditemos, aproveitando estas datas, na importancia destes feitos, na importancia de lembrarnos de quen o pasa moito peor que nos, de quen non posúe o básico para subsistir, en quen pasa fame, morre de fame ou de enfermedades que a nós nos parecen erradicadas.
martes, 19 de julio de 2011
POLÍTICA, VOCACION DE SERVICIO PUBLICO, SOLDOS E CRISE.

Os cidadáns están vendo tódolos días publicados nos BOP provinciais o que vai a cobrar o seu alcalde, e os concelleiros con adicacións parciais e exclusivas. Hai casos nos que as retribucións que percibirán farán que moitos se levan as mans as cabezas, e non sen razón, posto que existen alcaldes, dunha e doutra cor, que cobran máis que un Presidente Autonómico, que un Ministro ou mesmo que o Presidente do Goberno, e ante esto un pregúntase: ¿é xusta esta situación?
É comprensible que os cidadáns se alporicen e protesten polos soldos dos representantes, neste caso municipais, pola sinxela razón que levamos tres anos nos cales a clase política e a patronal pediron contención salarial, reducción de soldos, incrementos da productividade, …. e mentres tanto, estes representantes chegado o actual momento, fixanse eles mesmos os soldos, e nalgúns caso non precisamente reducidos.
Se partimos dun suposto de que os representantes públicos son, por decilo dalgún xeito, empregados de tódolos cidadáns, ¿alguén coñece a un empregado que el mesmo se fixe o soldo?, ¿acoso non existe regulacións a través de convenios laborais que establecen tramos e complementos salariais? ¿Para cando unha regulación baremada nos soldos dos políticos municipais?
Hai xente que en moitos casos alega que os políticos poden estar cobrando máis na súa actividade privada, e mesmo que a limitación ou regulación podería desincentivar a bos políticos e xestores a participar na función pública, creo persoalmente que esta circunstancia se ve anulada pola vocación de servicio público e tamén polo feito de que, ao igual que moitos poden optar a postos de funcionarios dun ou outro nivel e cobrar máis ou menos segundo a oposición pertenza a un grupo F, E, D, C, B ou A, tamén os políticos poderán optar a un cargo ou outro (segundo os seus méritos) e optar a maiores salarios, onde os máis altos deberían ser o do Presidente do Goberno, o do Presidente do Senado e o do Congreso dos Diputados.

En definitiva, os políticos deberán aplicar o razonamento no seu goberno e tamén para fixarse os seus soldos a fin de que a cidadanía non vexa a política como un problema, como un xeito de enriquecerse e como unha actividade egoísta. Débese voltar a unha actividade política vocacional de principios e de predicar co exemplo, porque nadie obriga a ningún político a presentarse a unhas eleccións
Polo tanto é necesario e imprescindible acometer unha reforma lexislativa que delimite os soldos, que os vencelle alomenos ao número de habitantes e incluso a outras variables como dispersión poboacional, volumen orzamentario, etc.
Para rematar, é necesario gobernar con sensatez e razocinio para voltar a involucrar a poboación na política e que non vexan esta actividade como un problema, senón como un xeito de solucionar problemas comúns.
lunes, 4 de julio de 2011
domingo, 5 de junio de 2011
sábado, 28 de mayo de 2011
¡¡¡¡DEMOCRACIA REAL XA!!!!

Moitos compañeiros vimos de esforzarnos ó máximo durante os últimos meses para que o partido baixo o cal nos adscribimos obtivese uns bos resultados, para poder implantar medidas e políticas que defendemos como sociais e de esquerdas y en definitiva para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños. Debemos recoñecer que os resultados non foron como esperábamos, pero non por iso debemos desolarnos.
Durante este tempo de precampaña e campaña electoral tivemos a ocasión de escoitar medidas que os nosos compañeiros levaban nos seus (nos nosos) programas como follas de ruta a seguir no caso de que os cidadáns (veciños) nos outorgasen a súa confianza para coordinalos durante os vindeiros catro anos. Algúns compañeiros traballaron a reo durante os últimos anos, trataron de innovar nos seu programas, buscaron novas alternativas, .... E mentres nos andabamos nesas lides, xurdeu un movemento que se amosou en plenitude o pasado día 15 de maio, en plena campaña, e ó cal considero non se lle prestou a debida atención, e quen o fixo ao mellor o fixo buscando réditos electorais. Graso erro.
Agora, nestes intres podemos e debemos meditar o que queren decirnos esta xente, estes cidadáns, estes veciños. Non debemos deixar pasar a oportunidade e meditar sobre o tema. Agora que tiven a ocasión de informarme máis detidamente sobre este movemento denominado "Democracia real ya" me percato que quenes dun xeito máis ou menos activo nos adicamos a esto da política, en moitas ocasións nos olvidamos do importante, a saber: de a quenes pretendemos gobernar (eu de aquí en adiante vou dicir coordinar) y das súas necesidades.
Calquera que se interese un pouco polo tema, acabará comprobando que o que estes cidadáns demandan non é outra cousa que racionalidade na clase política; Ben é certo, que eu non podo asumir todas as súas demandas, pero moitas delas sí. Está claro que moitas delas son unha imaxe fiel do que desexa a cidadanía, e como mesmo eles din no seu manifesto, a democracia é o goberno do pobo, precisamente de quen nos temos afastado últimamente, o cal nos ten situado, segundo podemos concluir dos seus razonamentos, nunha oligocracia, onde a clase gobernante ven a ser unha minoría da sociedade aillada do resto da cidadanía.
Os principios democráticos han de voltar a ser prioritarios e esenciais, e nos deben de guiar para que a clase dirixente non se afaste da realidade.
No mundo no que viviemos, gracias as novas teconoloxías, a participación cidadá nos asuntos de goberno debe de incentivarse e favorecerse, hoxe en día é moito máis fácil a participación e a opinión de calquer individuo que fai cincuenta anos. Por iso é necesario que se articulen sistemas que permitan a cada un opinar cando queira, esixir información e responsabilidades según crea conviente, e facerse partícipe nun sistema de goberno, o cal cada día se desapega máis do importante da política: A XENTE.

Algúns compañeiros de partido teñen implantado medidas de participación cidadá para temas concretos, como os orzamentos participativos, e todos eles teñen chegado a conclusión de que son modelos bos que permiten racionalizar a coordinación e a dirección das Administracións (Locais), collamos este modelo e intentemos melloralo, copiemos o que funciona, o que sendo bo, lle gusta a xente.
Como desexo que moitos de vos podades meditar sobre este feito, permítome a libertade de deixarvos o enlace da páxina web do movemento, gustaríame saber o que opinades de todo isto. Por favor: meditade un pouquiño no tema, sopesade os plantexamentos e xa me comentades.
http://www.democraciarealya.es/
domingo, 5 de diciembre de 2010
INDIGNACIÓN.

1. f. Enojo, ira, enfado vehemente contra una persona o contra sus actos.
Levamos un fin de semana no que non facemos máis que oir esta palabra, e todo gracias a un colectivo que segundo se descubren máis datos sobre eles os calificamos, cada vez con máis razón, como uns impresentables e uns irresponsables.
Agora que eu debo de ser sincero, e decir que a pesares de que o que observo non deixa de amolarme, a mín, persoalmente non me afectou moito, entón ¿por que cada vez que escoito falar de “controladores” durante este fin de semana me enervo…..?, pois sinxelamente porque me poño na situación de centos de miles de persoas que este fin de semana viron truncadas as súas expectativas, que viron tirados os seu soños ou, aínda máis duro aínda, viron como alguén lles imposibilitaba que cumprisen cos seus deberes laborais, familiares, colectivos, …..
¿Ata que punto chegou a nosa sociedades cando un (s) individuo(s) que supostamente teñen que considerarse uns privilegiados porque cobran o que 30 de nos (ou mais) se botan o monte e se enfrontan a máis de 45 millóns de habitantes deste país e nos poñen contra as cordas esgrimindo unha enfermidade falsa como consecuencia dun decreto?
¿Qué temos que facer os 45 millóns restantes de españois? ¿enfrontarnos a eles e linchalos? ¿tragar coas súas pretensións? ¿poñernos tamén en folga salvaxe por outros decretos legislativos que afectan a todos os cidadáns?.....
Todos, absolutamente todos, debemos ter presente cal é o límite que non se pode cruzar para que a convivencia, e os pactos colectivos dun país non se destruan e se respeten, ¿e cal é ese límite?, moi fácil: apliquemos a máxima que a libertade dun individuo remata onde comezan os dereitos dos demáis; entón: ¿calquera de nós non ten dereito a viaxar en avión a calquer destino para calquer fin mentres sexa lícito? Se estes señores e señoras nos están impedindo realizar este dereito, claramente están infrinxindo as normas de convivencia.
Se alguén rouba, asesina, defrauda, …… incumple os pactos de conviviencia, e por tal motivo debe ser “sancionado” aplicando un regulamento civil, penal ou administrativo (pactado entre todos). Entón neste caso tamén debemos aplicar este réxime sancionador, que máis que nunca debe ser exemplificante e desincentivador de actitudes similares.
Poñamonos na pel da xente que quedou durante dous ou máis días tirados nunha terminal aérea, en aqueles que non poideron ver a súa familia, nos que perderon de rentabilizalas súas inversións en negocios de hostalería e ocio, ¿é xusto que unhas 1.400 persoas condicionen tanto a este país? ¿ímoslles perdoar o que fixeron – e neste punto non olvidemos que non é a primeira vez-? ¿é xusto que 1.400 persoa poñan en entredito a capacidade dun país enteiro?
A resposta é NON a tódalas preguntas, por iso, ademáis da conseguida sanción que poidan ter debemos plantexarnos (o goberno debe plantexarse) outras medidas que impidan que isto volte a acontecer, e eu apunto directamente o cambio do convenio colectivo (a empeorar), a contratación de máis controladores (con menores soldos), e a habilitación de controladores militares nas distintas torres de control aéreo, ademáis da formación de máis militares para tales fins.
Meditemos, perdonemos, non esquezamos, recapacitemos e….. sancionemos.
O QUE VOU TWITTEANDO
Etiquetas
- ACONTECEMENTOS (1)
- ARZÚA (2)
- BANCA (1)
- CONCELLO (1)
- COOPERACIÓN (1)
- COOPERATIVA (1)
- CRONICAS DA COMARCA (1)
- DEPORTES (1)
- ECONOMIA (2)
- IDEOLOXÍA (1)
- INTERVENCION (1)
- JOSE MANUEL PAZO GARCIA (2)
- MOVEMENTOS SOCIAS (1)
- NOTAS (2)
- OPINIÓN (3)
- OUTONO (1)
- PENSAMENTOS (2)
- PERÍODOS (1)
- POLÍTICA (3)
- POLITICAS SOCIAIS (1)
- RECORDOS (1)
- SECTOR FINANCIEIRO (1)
- SECTOR PUBLICO (1)
- VACACIONS (2)
- VECIÑOS (1)
- VIDEOS (1)


