martes, 19 de julio de 2011

POLÍTICA, VOCACION DE SERVICIO PUBLICO, SOLDOS E CRISE.



Escomenzamos a legislatura municipal 2011-2015, acaban de pasar trinta días dende a formación das corporacións locais, e cando estas liñas estén publicadas en tódolos concellos se terán adoptado as decisións plenarias sobre organización das Corporacións. Este nome tan pomposo engloba, entre outros os soldos que van a cobrar os nosos representantes. Estes plenos darán que falar, en moitos concellos durante toda a legislatura, pero nesta ocasión o énfasis será maior dada a coxuntura económica que vivimos, e os movementos sociais que están espertando como o 15-M con eslogans tan demoledores como “Non hai pan para tanto chourizo”
Os cidadáns están vendo tódolos días publicados nos BOP provinciais o que vai a cobrar o seu alcalde, e os concelleiros con adicacións parciais e exclusivas. Hai casos nos que as retribucións que percibirán farán que moitos se levan as mans as cabezas, e non sen razón, posto que existen alcaldes, dunha e doutra cor, que cobran máis que un Presidente Autonómico, que un Ministro ou mesmo que o Presidente do Goberno, e ante esto un pregúntase: ¿é xusta esta situación?
É comprensible que os cidadáns se alporicen e protesten polos soldos dos representantes, neste caso municipais, pola sinxela razón que levamos tres anos nos cales a clase política e a patronal pediron contención salarial, reducción de soldos, incrementos da productividade, …. e mentres tanto, estes representantes chegado o actual momento, fixanse eles mesmos os soldos, e nalgúns caso non precisamente reducidos.
Se partimos dun suposto de que os representantes públicos son, por decilo dalgún xeito, empregados de tódolos cidadáns, ¿alguén coñece a un empregado que el mesmo se fixe o soldo?, ¿acoso non existe regulacións a través de convenios laborais que establecen tramos e complementos salariais? ¿Para cando unha regulación baremada nos soldos dos políticos municipais?

Hai xente que en moitos casos alega que os políticos poden estar cobrando máis na súa actividade privada, e mesmo que a limitación ou regulación podería desincentivar a bos políticos e xestores a participar na función pública, creo persoalmente que esta circunstancia se ve anulada pola vocación de servicio público e tamén polo feito de que, ao igual que moitos poden optar a postos de funcionarios dun ou outro nivel e cobrar máis ou menos segundo a oposición pertenza a un grupo F, E, D, C, B ou A, tamén os políticos poderán optar a un cargo ou outro (segundo os seus méritos) e optar a maiores salarios, onde os máis altos deberían ser o do Presidente do Goberno, o do Presidente do Senado e o do Congreso dos Diputados.



En definitiva, os políticos deberán aplicar o razonamento no seu goberno e tamén para fixarse os seus soldos a fin de que a cidadanía non vexa a política como un problema, como un xeito de enriquecerse e como unha actividade egoísta. Débese voltar a unha actividade política vocacional de principios e de predicar co exemplo, porque nadie obriga a ningún político a presentarse a unhas eleccións
Polo tanto é necesario e imprescindible acometer unha reforma lexislativa que delimite os soldos, que os vencelle alomenos ao número de habitantes e incluso a outras variables como dispersión poboacional, volumen orzamentario, etc.
Para rematar, é necesario gobernar con sensatez e razocinio para voltar a involucrar a poboación na política e que non vexan esta actividade como un problema, senón como un xeito de solucionar problemas comúns.


Publicado en Crónicas da Comarca, número xullo 2011

lunes, 4 de julio de 2011

EXPLICACIÓN GRÁFICA SOBRE A CRISE

domingo, 5 de junio de 2011

INFORMACIÓN DA TVG SOBRE A CELEBRACION DO COMITE PROVINCIAL


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

sábado, 28 de mayo de 2011

¡¡¡¡DEMOCRACIA REAL XA!!!!






Decidinme a retomar a miña actividade neste blog de pensamentos persoais oito días depois de rematar a campaña electoral, e tamén de celebrarse as eleccións municipais. Non é que empece a meditar agora nestes temas, unha vez pasado, senón que agora mesmo sento a necesidade de expresar o que sinto e que agora teño un intre de tranquilidade para meditar e poder expresar neste medio o que penso.
Moitos compañeiros vimos de esforzarnos ó máximo durante os últimos meses para que o partido baixo o cal nos adscribimos obtivese uns bos resultados, para poder implantar medidas e políticas que defendemos como sociais e de esquerdas y en definitiva para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños. Debemos recoñecer que os resultados non foron como esperábamos, pero non por iso debemos desolarnos.
Durante este tempo de precampaña e campaña electoral tivemos a ocasión de escoitar medidas que os nosos compañeiros levaban nos seus (nos nosos) programas como follas de ruta a seguir no caso de que os cidadáns (veciños) nos outorgasen a súa confianza para coordinalos durante os vindeiros catro anos. Algúns compañeiros traballaron a reo durante os últimos anos, trataron de innovar nos seu programas, buscaron novas alternativas, .... E mentres nos andabamos nesas lides, xurdeu un movemento que se amosou en plenitude o pasado día 15 de maio, en plena campaña, e ó cal considero non se lle prestou a debida atención, e quen o fixo ao mellor o fixo buscando réditos electorais. Graso erro.
Agora, nestes intres podemos e debemos meditar o que queren decirnos esta xente, estes cidadáns, estes veciños. Non debemos deixar pasar a oportunidade e meditar sobre o tema. Agora que tiven a ocasión de informarme máis detidamente sobre este movemento denominado "Democracia real ya" me percato que quenes dun xeito máis ou menos activo nos adicamos a esto da política, en moitas ocasións nos olvidamos do importante, a saber: de a quenes pretendemos gobernar (eu de aquí en adiante vou dicir coordinar) y das súas necesidades.
Calquera que se interese un pouco polo tema, acabará comprobando que o que estes cidadáns demandan non é outra cousa que racionalidade na clase política; Ben é certo, que eu non podo asumir todas as súas demandas, pero moitas delas sí. Está claro que moitas delas son unha imaxe fiel do que desexa a cidadanía, e como mesmo eles din no seu manifesto, a democracia é o goberno do pobo, precisamente de quen nos temos afastado últimamente, o cal nos ten situado, segundo podemos concluir dos seus razonamentos, nunha oligocracia, onde a clase gobernante ven a ser unha minoría da sociedade aillada do resto da cidadanía.
Os principios democráticos han de voltar a ser prioritarios e esenciais, e nos deben de guiar para que a clase dirixente non se afaste da realidade.
No mundo no que viviemos, gracias as novas teconoloxías, a participación cidadá nos asuntos de goberno debe de incentivarse e favorecerse, hoxe en día é moito máis fácil a participación e a opinión de calquer individuo que fai cincuenta anos. Por iso é necesario que se articulen sistemas que permitan a cada un opinar cando queira, esixir información e responsabilidades según crea conviente, e facerse partícipe nun sistema de goberno, o cal cada día se desapega máis do importante da política: A XENTE.



Algúns compañeiros de partido teñen implantado medidas de participación cidadá para temas concretos, como os orzamentos participativos, e todos eles teñen chegado a conclusión de que son modelos bos que permiten racionalizar a coordinación e a dirección das Administracións (Locais), collamos este modelo e intentemos melloralo, copiemos o que funciona, o que sendo bo, lle gusta a xente.
Como desexo que moitos de vos podades meditar sobre este feito, permítome a libertade de deixarvos o enlace da páxina web do movemento, gustaríame saber o que opinades de todo isto. Por favor: meditade un pouquiño no tema, sopesade os plantexamentos e xa me comentades.
http://www.democraciarealya.es/

domingo, 5 de diciembre de 2010

INDIGNACIÓN.



(Del lat. indignatĭo, -ōnis).
1. f. Enojo, ira, enfado vehemente contra una persona o contra sus actos.

Levamos un fin de semana no que non facemos máis que oir esta palabra, e todo gracias a un colectivo que segundo se descubren máis datos sobre eles os calificamos, cada vez con máis razón, como uns impresentables e uns irresponsables.
Agora que eu debo de ser sincero, e decir que a pesares de que o que observo non deixa de amolarme, a mín, persoalmente non me afectou moito, entón ¿por que cada vez que escoito falar de “controladores” durante este fin de semana me enervo…..?, pois sinxelamente porque me poño na situación de centos de miles de persoas que este fin de semana viron truncadas as súas expectativas, que viron tirados os seu soños ou, aínda máis duro aínda, viron como alguén lles imposibilitaba que cumprisen cos seus deberes laborais, familiares, colectivos, …..

¿Ata que punto chegou a nosa sociedades cando un (s) individuo(s) que supostamente teñen que considerarse uns privilegiados porque cobran o que 30 de nos (ou mais) se botan o monte e se enfrontan a máis de 45 millóns de habitantes deste país e nos poñen contra as cordas esgrimindo unha enfermidade falsa como consecuencia dun decreto?
¿Qué temos que facer os 45 millóns restantes de españois? ¿enfrontarnos a eles e linchalos? ¿tragar coas súas pretensións? ¿poñernos tamén en folga salvaxe por outros decretos legislativos que afectan a todos os cidadáns?.....
Todos, absolutamente todos, debemos ter presente cal é o límite que non se pode cruzar para que a convivencia, e os pactos colectivos dun país non se destruan e se respeten, ¿e cal é ese límite?, moi fácil: apliquemos a máxima que a libertade dun individuo remata onde comezan os dereitos dos demáis; entón: ¿calquera de nós non ten dereito a viaxar en avión a calquer destino para calquer fin mentres sexa lícito? Se estes señores e señoras nos están impedindo realizar este dereito, claramente están infrinxindo as normas de convivencia.
Se alguén rouba, asesina, defrauda, …… incumple os pactos de conviviencia, e por tal motivo debe ser “sancionado” aplicando un regulamento civil, penal ou administrativo (pactado entre todos). Entón neste caso tamén debemos aplicar este réxime sancionador, que máis que nunca debe ser exemplificante e desincentivador de actitudes similares.
Poñamonos na pel da xente que quedou durante dous ou máis días tirados nunha terminal aérea, en aqueles que non poideron ver a súa familia, nos que perderon de rentabilizalas súas inversións en negocios de hostalería e ocio, ¿é xusto que unhas 1.400 persoas condicionen tanto a este país? ¿ímoslles perdoar o que fixeron – e neste punto non olvidemos que non é a primeira vez-? ¿é xusto que 1.400 persoa poñan en entredito a capacidade dun país enteiro?
A resposta é NON a tódalas preguntas, por iso, ademáis da conseguida sanción que poidan ter debemos plantexarnos (o goberno debe plantexarse) outras medidas que impidan que isto volte a acontecer, e eu apunto directamente o cambio do convenio colectivo (a empeorar), a contratación de máis controladores (con menores soldos), e a habilitación de controladores militares nas distintas torres de control aéreo, ademáis da formación de máis militares para tales fins.

Meditemos, perdonemos, non esquezamos, recapacitemos e….. sancionemos.


sábado, 9 de octubre de 2010

O OUTONO NO RURAL


Por se non vos enterastes por outros medios, quérovos dicir que ¡¡¡¡¡estou de vacacións!!!!!



Estas son unhas vacacións especiais para min por varios motivos: polo tempo do ano no que estou de vacacións, polo tempo da miña vida no que me atopo, e sobre de todo, porque as estou disfrutando coa miña familia e cos meus amigos e compañeiros.
Estas son as vacacións despois do "susto" de fai un ano e medio, e coido que xa se me pasou o medo, e incluso a veces me esquezo do que pasou por aquel entón; é dicir: a pesares de que dende fai ano e medio xa estiven en varias ocasións de vacacións, desta vez son consciente de que a enfermidade está un pouco máis lonxe, que o peor xa pasou, que o que realmente pasou foi un susto, e que aprendín (¡espero que dunha vez por todas!) que o importante é aproveitar os bos momentos da nosa vida por dous motivos fundamentais, a saber: por que nunca han de voltar e porque poden ser os últimos en calquer momento (¡¡¡¡que profundo!!!!)
Tamén están a ser unhas vacacións especiais pola época do ano na que transcurren: o outono. Fai tempo que cando estou na casa non percibo as sensacións que estou a sentir este ano. Sensacións que me levan a miña infancia. Eu, como moitos galegos, tivemos a sorte de nacer no rural, e de criarnos nel, de experimentar sensacións como o olor a terra mollada, o olor á herba recen cortada, ó ozono despois da tronada,...., as cores da natureza e a mudanza que experimentan ó longo do ano....

¿Por que conto isto? pois porque estes días veño de experimentar o que supoñía antigamente o proceso da recollida de determinadas colleitas, e fun consciente disto cando onte vin un programa na televisión, onde un coñecido cociñeiro ensinaba como eran as noces antes da súa colleita, cando aínda están na súa cáscara verde, que agocha ese froito do outono. Foi nese intre cando fun consciente de que quenes medramos no rural disfrutamos moito máis que quen o fai nunha urbe; pregunteime ¿cantos rapaces descoñecen que unha noz, cando esta na nogueira, ten unha capa verde que a protexe e que no momento no que madura desaparece? ¿cantos saben como é un castiñeiro, os ourizos, ....., o mesmo como se vai formando e madurando unha mazá, ou outra froita?, e non pensemos en cantos decoñecerán como se desenrola un animal dende o seu nacemento (unha vaca, un coello, unha galiña, un año, ....)

O outono sempre foi un período de recolleita, e eu lembreime estes días da importancia da natureza e de todo canto nos aporta, porque nos días que levo de vacacións poiden recoller numerosos bens que nos oferta a natureza se a traballamos e a coidamos. Levo uns días recollendo castañas e noces, e tamén recollimos millo; empezaremos estos días a recoller mazás, e se aproxima a "nosa primeira colleita de kiwis". Tamén recordei estes días a vendimia, os proceso de elaboracións do viño, da sidra.... E tamén experimentei algo especial para recordar: a calor da leña, cando despois do verán e da calor se encende por primeira vez a cociña de leña, e a todo o anterior lle temos que engadir algo maravilloso que aconteceu estes días: a choiva tras un verán que foi francamente bo no meteorolóxico.
A veces deberíamos voltar á tradición, as sensacións primarias, á desconexión, ás meditacións, os anhelos, á cor, a natureza,.... ¡o sinxelo!, para comprobar e comprender que moitas veces somos nos mesmos quenes nos complicamos a vida.

¡¡¡Bendito outono!!!, ¡¡¡Bendita terra!!! ¡¡¡Bendito fogar!!!

domingo, 5 de septiembre de 2010

¡COMEZAMOS DE NOVO!


!!!!!Xa chegou, xa está aquí¡¡¡¡¡, o que tanto desexábamos que non acontecese estáse a consumar: ¡o verán remata!.



¡Si señores!, todos desexamos que nos cunda máis o verán; porque esta época conleva o disfrutar máis dos días, o bo tempo, o sol, a praía, o río, as festas, as orquestas.... En fin: DIVERSIÓN ou posibilidade da mesma case as 24 horas do día. Algúns incluso non collemos vacacións durante estas datas, pero sen embargo disfrutamos moito do VERÁN, e o facemos por varias razóns: durante o verán voltamos a retomar os contactos cos amigos e antigos compañeiros e coa familia, todo elo facilitado pola posibilidade de movilidade que lle otorga á xente ás vacacións. Este feito en sí mesmo xa é un motivo para disfrutar.

Existen outras moitas facetas que nos facilitan do disfrute neste tempo: ¿alguén coñece un só pobo no que non existan fetas durante o verán? O pobo de Arzúa é un gran exemplo na celebración de festexos, as cales teñen o seu pistoletazo de saída con tres festas moi especiais no mes de xullo: O San Xoan, O San Paio e o San Pedro. Despois destas datas comeza un frenesí de festas polas distintas parroquías e aldeas do noso concello, e teñen os seus expoñentes máximos nas festas patronais do Carme e nas festas dos Botes.

As festas tamén nos permiten esos reencontros cos amigos e cos familiares, o esparcimento a relaxación, ....

Agora que.... todo o bo ten un final, e o verán empeza a rematar cando chega o mes de setembro, e xa chegamos a él. Xa temos encarrilado o final do mesmo, faltan exactamente 16 días para que chegue a última festa do verán: A Mota, e tamén estamos finalizando o verán e o notamos naqueles que se van incorporando á rutina diaría do traballo despois das vacacións.

E é precisamente a rutina o que varía durante o verán: desaparece porque cada día é distinto.

Algúns aínda temos vacacións para disfrutar, pero xa non será o mesmo o non disfrutalas no verán, porque todo o que nos rodea xa será rutinario e non extraordinario como ata o de agora.

A maiores, a algúns quédanos moito que facer ata o próximo verán, moito traballo, moitos compromisos, moita ilusión,.... O primeiro nesta nova rutina será retomar a labor de bloguero, e ser máis constante na mesma.

¡COMEZAMOS DE NOVO!